Asociación Forestal de Galicia          

 

Servizos

O equipo técnico e administrativo da AFG ocúpase de prestarlle aos silvicultores apoio e asistencia técnica en todas aquelas cuestións relacionadas co monte e a propiedade. Entre os servizos máis demandados polos socios pódense destacar:

  • Asesoramento e asistencia técnica en materia forestal.
  • Xestión de montes veciñais e de montes particulares.
  • Asesoramento en procedementos xurídicos e administrativos no ámbito forestal.
  • Asesoramento en fiscalidade forestal.
  • Organización de poxas.
  • Realización de informes técnicos e peritacións.
  • Tramitación de axudas públicas.
  • Asistencia técnica para a constitución de agrupacións forestais.

A AFG acumula unha ampla experiencia en repoboación forestal e no manexo de montes. Máis de 15.000 ha de novos montes foron creadas co apoio da Asociación. O equipo técnico participa activamente en proxectos de investigación e cooperación nacionais e internacionais coa finalidade de trasladar ao monte as principais innovacións en materia de silvicultura. Toda esta experiencia permítelle á AFG dispoñer dos seus propios modelos de silvicultura e métodos de repoboación que garanten o éxito dos investimentos no monte.

Valoración de madeira

Un dos servizos que maior acollida ten entre os socios é o de valoración de madeira. O informe que se lle entrega ao propietario permítelle coñecer a cantidade e calidade da madeira que vai vender e tamén o seu valor no mercado.

Certificación forestal PEFC

A AFG ofrece a súa asistencia técnica para conseguir o certificado de xestión forestal sostible segundo o sistema PEFC que posibilita a venda de madeira e produtos forestais certificados en todos os mercados.











Informe público


Ferramentas de poda




Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es