Asociación Forestal de Galicia          

 

Representación autonómica, nacional e internacional

A Asociación Forestal de Galicia ten representación nas seguintes institucións:

AUTONÓMICAS

  • Comité Galego de Defensa contra Incendios Forestais, órgano consultivo da Xunta de Galicia. A AFG ocupa unha praza permanente.
  • Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal. Esta asociación foi constituida no ano 2003. A AFG é membro fundador desta asociación dedicada a desenvolver en Galicia o sistema EFC de certificación da xestión forestal sostible.
  • Ente Solicitante de Certificación Forestal PEFC en Galicia. Constituida no ano 2004. A AFG preside esta asociación que ten como fin reunir as asociacións, entidades ou organizacións representativas da propiedade forestal (propietarios e xestores de montes) e das empresas de aproveitamentos e traballos forestais, así como a outras asociacións, entidades, organizacións ou institucións que teñan un interese común en participar e desenvolver a modalidade de certificación no ámbito rexional polo sistema PEFC.

NACIONAIS

  • Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE). A AFG é membro fundador e ocupa unha vicepresidencia nesta organización.
  • PEFC-ESPAÑA, entidade que outorga o certificado de xestión forestal sostible. A AFG é membro fundador e ten representación no comité directivo.
  • Consello Nacional de Bosques, órgano consultivo en materia de política forestal do Ministerio de Medio Ambiente. A AFG ten representación a través de COSE.

INTERNACIONAIS

  • Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE), entidade que agrupa a organizacións rexionais de propietarios forestais do sur de Europa. A AFG é membro fundador, e ocupa dous postos no directorio de USSE e a presidencia da súa asemblea xeral.
  • Instituto Europeo do Bosque Cultivado (IEBC), rede de centros de investigación forestal de carácter público e privado con sedes no sur de Europa. A AFG promoveu a súa constitución e participa a través da USSE nesta institución. O IEBC é, ó mesmo tempo, a sede rexional do Instituto Forestal Europeo (EFI).
  • Confederación Europea de Propietarios Forestais (CEPF), organización con sede en Bruxelas, que agrupa as asociacións nacionais de propietarios forestais dos países da UE. A AFG ten representación a través da COSE que ocupa unha vicepresidencia.
  • Comité Consultivo de Bosques e Cortiza da Unión Europea, órgano consultivo de política forestal da Comisión Europea. A AFG ocupa unha praza en representación da COSE.
  • Conferencia Mundial do Bosque Privado, organismo de ámbito mundial que agrupa a organizacións de propietarios forestais de varios continentes. A AFG ten representación a través da USSE.

 











Informe público


Ferramentas de poda




Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es