Asociación Forestal de Galicia          

 

Proxectos europeos

Desde a súa fundación, a AFG participa en proxectos de cooperación forestal de ámbito europeo, colaborando con asociacións de propietarios forestais e institucións europeas. Entre outros pódese destacar o papel de AFG nos seguintes proxectos:

  • Coordinadores rexionais do proxecto Europeo O bosque do sur de Europa: Unha nova dinámica forestal. Centro de Desenvolvemento Rexional Europeo (CEDRE). Proxecto realizado pola Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE). Premio europeo de Cooperación Interrexional recibido pola USSE en 1992.
  • Coordinadores rexionais do proxecto Compostela-Bosques. Programa Recite I da Unión Europea. Realizado pola Unión de Silvicultores do Sur de Europa en colaboración cos gobernos rexionais de Galicia, País Vasco, Asturias, Navarra, Castela e León, Centro de Francia, Poitou-Charentes, Aquitania, Norte de Portugal e Centro de Portugal, (1994-1996).
  • Participación no proxecto Columella. Programa Adapt da Unión Europea, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (1997-1999).Coordinadores en Galicia do proxecto Sylvaform. Programa Leonardo da Vinci da Unión Europea, (1999-2000).
  • Coordinadores en Galicia do proxecto Eurosilvasur. Programa Recite II da Unión Europea realizado pola USSE en colaboración cos gobernos rexionais de Galicia, País Vasco, Navarra, Aquitania, Poitou-Charentes, Norte e Centro de Portugal, (1999-2002).

  • Proxecto BIORREG-FLORESTA, Avaliación das potencialidades dos recursos renovables: Atlas dos residuos forestais e aplicacións da biomasa dentro do espazo atlántico. Dedicado a avaliar a biomasa forestal que producen os nosos montes. http://www.biorreg-floresta.org/
  • Proxecto ECAS, Cultivos enerxéticos no espazo atlántico: oportunidades de implementación a gran escala. Dedicado a ensaiar cultivos enerxéticos en montes. www.isa.utl.pt./def/interreg
  • Proxecto FORSEE, Xestión sostible dos bosques: unha rede europea de zonas piloto para a posta en marcha operativa.Destinado a determinar e ensaiar indicadores de xestión forestal sostible.
  • Proxecto ENERSILVA, Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticos no suroeste de Europa: A finalidade principal é a dinamización dos propietarios forestais do sur de Europa no aproveitamento enerxético da biomasa forestal primaria. www.enersilva.org

Proxectos de cooperación en curso

Na actualidade a AFG participa como socio nun proxecto de cooperación internacional: Programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal. POCTEP 2007-2013:

  • Proxecto SILVAPLUS, Promoción do uso sostible de biomasa forestal para fins enerxéticos no Norte de Portugal e sur de Galicia. A finalidade é promover iniciativas, públicas ou privadas, de mellora forestal e de utilización enerxética de biomasa forestal primaria.

 



Informe incendios AFG


























Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es