Asociación Forestal de Galicia          

 

Asociación Forestal de Galicia

A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA (en adiante, AFG) é unha Asociación privada sen ánimo de lucro, creada en Santiago de Compostela en 1986. Agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes en man común de Galicia.

Fins da AFG

  • Agrupar aos propietarios e titulares de predios forestais en Galicia.
  • Representar aos seus membros ante as administracións, entidades, corporacións e institucións nacionais e internacionais, do ámbito forestal.
  • Contribuír á elaboración de políticas forestais acordes cos intereses dos silvicultores galegos.
  • Mellorar en Galicia a produción forestal en cantidade e calidade, incrementando a rendibilidade dos montes.
  • Asegurarlles aos seus socios información, asesoramento e asistencia técnica no ámbito silvícola.
  • Informar á Administración sobre a lexislación que puidera afectar á propiedade forestal, á práctica da silvicultura e, en xeral, aos montes galegos e aos produtos forestais.
  • Apoiar e impulsar a investigación forestal e proponer liñas e proxectos de investigación que respondan ás necesidades dos silvicultores galegos.
  • Fomentar as iniciativas e suxerir propostas que melloren a estrutura da propiedade forestal en Galicia dirixidas a conseguir unidades de explotación tecnicamente axeitadas.
  • Divulgar e fomentar os coñecementos e as técnicas dirixidas a conseguir unha xestión sostible dos recursos forestais en Galicia.
  • Desenvolver labores de formación que contribúan a incrementar os coñecementos e a capacidade de xestión no ámbito forestal.
  • Promover iniciativas que contribúan a aumentar o valor engadido dos bens, produtos e recursos xerados nos montes galegos.
  • Desevolver todas aquelas actividades compatibles cos fins mencionados, os estatutos e a lexislación vixente.

Os beneficios que obteña a AFG por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os socios nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativa.

 


Informe incendios AFG


























Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es