Asociación Forestal de Galicia          

 

Certificación forestal PEFC

¿Por qué se certifican os bosques?

A certificación promove a sostibilidade na xestión forestal como a mellor forma de garantirlle ás xeracións presentes e futuras o uso e disfrute dos nosos bosques.

A certificación fomenta a utilización da madeira e do resto de produtos forestais fronte a outros materiais competitivos. O uso da madeira é un factor clave no desenvolvemento rural. Ademáis, a madeira é un produto de orixe natural, respetuoso co medio ambiente, reciclable e reutilizable. Os bosques e os produtos de madeira contribúen eficazmente a fixar o CO2 atmosférico, diminuíndo así o chamado efecto invernadoiro.

Por outra parte, os consumidores demandan que os produtos madeireiros teñan unha orixe clara e transparente, que sexan certificados. A certificación da madeira non debe ser un custo máis a engadir ao produto final, se non unha útil ferramenta que acerque a madeira ao consumidor.

¿Que é o PEFC?

O sistema PEFC (Sistema Paneuropeo de Certificación Forestal) é un sistema de certificación voluntaria apoiado por máis de 12.000.000 de propietarios forestais en Europa e baseado nos criterios e indicadores xurdidos das Conferencias Ministeriais para a Protección dos Bosques de Europa celebradas en Helsinki (1993) e Lisboa (1998). O PEFC proporciona un marco mundial para desenvolver os principios comúns da xestión forestal sostible dos bosques e da cadea de custodia da madeira.

O PEFC ofrece unha marca que asegura que o produto forestal comercializado con ela provén dun bosque xestionado con criterios de sostibilidade.

¿Quen pode solicitar a certificación PEFC?

Todos aqueles propietarios forestais que xestionen os seus montes de forma sostible e conten cun plan de xestión.

Os propietarios forestais poden utilizar tres procedementos para conseguir o logo PEFC:

  • Certificación individual.- solicítaa o propietario de forma individual, debendo cumprir as normas UNE de certificación individual e dispoñer dun plan de xestión para o seu monte.
  • Certificación en grupo.- solicítaa unha asociación ou un agrupamento de propietarios forestais. Teñen que cumprir as normas UNE de xestión forestal sostible e cada propietario adscrito ten que dispoñer dun plan de xestión e contar cun procedemento de control.
  • Certificación rexional.- solicítaa unha entidade representativa e debidamente recoñecida nunha determinada rexión. A Entidade debe elaborar un Referente Técnico Rexional. Os adscritos a este procedemento de certificación deben someterse a unhas normas de control para obter o selo.

O Sistema PEFC en Galicia

Os propietarios forestais galegos xa poden solicitar a certificación PEFC empregando o procedemento individual. No ano 2004 a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia obtivo a certificación PEFC para 50.000 ha de montes xestionados polos servizos forestais autonómicos, principalmente montes veciñais en man común. Con anterioridade a empresa Norfor xa dispoñía da certificación PEFC para os montes propiedade de Ence en Galicia.

A Certificación PEFC polo procedemento rexional máis económico e máis sinxelo para o propietario forestal, está en fase de elaboración. Os pasos esenciais xa foron dados coa constitución da Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, asociación que agrupa as máis importantes organizacións do sector forestal galego, e coa creación da Entidade Solicitante da Certificación PEFC en Galicia, que integra as organizacións galegas interesadas en dispoñer para os seus membros que vendan madeira da marca PEFC.

A mediados do ano 2005 espérase que o sistema PEFC de certificación rexional esté plenamente operativo en Galicia, facendo posible o acceso á marca PEFC a todos os propietarios forestais galegos que o desexen.







Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es