Asociación Forestal de Galicia          

 

Noticia seleccionada

Cursos de certificación forestal


15 de novembro de 2018

Durante os meses de outubro e novembro a Asociación Forestal de Galicia organiza 12 cursos sobre certificación forestal: 4 sobre cadea de custodia, boas prácticas, xestión documental e prevención de riscos laborais e 8 sobre certificación forestal na xestión do monte, boas prácticas no monte e xestión documental na certificación.

Con estes cursos, trátase de promover a certificación forestal do monte, un sistema cada vez máis demandado polos consumidores finais, pois a certificación representa unha garantía de que a madeira e os produtos derivados da mesma foron obtidos a través dun aproveitamento sostible, con pleno respeto ó medioambiente.

A certificación forestal ofrécelle ademais ó propietario forestal e á industria un valor engadido pola súa produción. Por estes motivos, a certificación forestal estase extendendo de xeito progresivo en Galicia. Desde a Asociación Forestal de Galicia quérese contribuír á súa difusión coa organización deste calendario de cursos.

Estes cursos están financiados pola Axencia da Industria Forestal da Xunta de Galicia e son gratuítos para os participantes.

Durante este mes de novembro terán lugar os seguintes:

Cursos sobre certificación forestal
Tomiño, 16 de novembro de 2018 ás 16 h no Pabellón de Barrantes.
Foz, 23 de novembro de 2018 ás 16 h na Casa da Cultura de Foz.
Melide, 24 de novembro ás 10 h no salón de actos da Cooperativa Clun (antiga Melisanto).

Cursos sobre cadea de custodia
San Sadurniño, 16 de novembro ás 15 h na sede do Grupo Pena, Bidueda, nº 14.
Frades, 23 de novembro ás 15 h na sede de Souto Carrillo S.L., A Carballeira s/n, Aiazo.

A inscrición é gratuíta pero obrigatoria, nos seguintes teléfonos ou no enderezo electrónico afg@asociacionforestal.org:
• Ponteareas: 986 660 864 e 618 752 220
• Santiago de Compostela: 981 564 011 e 618 752 214




Direccións web relacionadas:



Búsqueda de noticias
Búsqueda no arquivo de noticias:







Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es