A Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE) puxo en marcha o proxecto FORESTAULA co financiamento do programa “Empleaverde” da Fundación Biodiversidad.
O obxectivo deste proxecto é formar, modernizar e profesionalizar aos traballadores do sector forestal, medioambiental e rural e fomentar o autoemprego e a creación de novas explotacións agroforestais sostibles ou mellorar as xa existentes no sector, a través dos recursos do monte habitualmente desaproveitados.
Con tal motivo organizou un programa formativo para seguir a través de internet dirixido a propietarios forestais en activo, traballadores agrarios, traballadores de pequena se medianas e empresas (pemes) e micropemes do sector forestal e outros responsables da xestión do medio ambiente. Non poden participar xubilados nin funcionarios.
Os cursos están organizados desde unha plataforma de formación a traverso de internet, impartiranse durante o período comprendido entre xaneiro de 2010 e abril de 2011, e constan de 2 horas presenciais de explicación da aula virtual, 15 horas de curso a distancia e 5 horas de visita práctica
Para Galicia están programados os seguintes:
-
Sanidade forestal e silvicultura preventiva (xaneiro e setembro 2010)
-
Xestión da biomasa forestal como recurso enerxético (febreiro e outubro 2010)
-
Xestión de plantacións para produción de madeira de alto valor (marzo e novembro 2010)
-
Recursos complementarios do monte: caza e pesca, cogomelos (abril e decembro 2010)
-
Promoción de produtos forestais: política de compras verdes, certificación forestal (xuño e febreiro 2010)
-
Nocións do mercado da madeira (agosto 2010 e abril 2011)
O proxecto ofrece tamén asesoramento personalizado en temas fiscais, xurídicos e empresariais, que xunto á formación técnica permiten xerar unidades de xestión forestal tecnicamente axeitadas e economicamente rendibles.
Pódese atopar información máis detallada sobre os cursos do proxecto premendo
aquí.