Asociación Forestal de Galicia          

 

Noticia seleccionada

Axudas para a restauración dos montes afectados polo temporal Klaus


8 de xaneiro de 2010

Entre o 9 de xaneiro e o 8 de febreiro estará aberto o prazo para solicitar as axudas para a restauración dos montes afectados polo temporal Klaus durante o ano 2009.

Poderán beneficiarse destas axudas os propietarios privados, comunidades de montes e concellos con montes, así como as asociacións de propietarios e de comunidades de montes e mancomunidades de concellos, que sexan propietarios de terreos situados nos concellos que se relacionan no anexo I da Orde e posúan montes danados polo temporal Klaus e para os que se solicitara subvención para a saca e corta da madeira afectada ou se notificara o dano á Xunta de Galicia, por calquera medio que deixe constancia administrativa.

Os importes da subvención corresponderanse como máximo co 70% do valor máximo do investimento.

Actuacións obxecto de axuda

  • Restauración de masas de coníferas con plantación de coníferas ou frondosas excepto eucaliptos.
  • Restauración de masas de eucalipto con plantación de coníferas ou de frondosas e para selección de abrochos de eucalipto e extracción ou eliminación dos restos ata acadar unha densidade final mínima de 600 abrochos por hectárea e máxima de 816 abrochos por hectárea, homoxeneamente distribuídos e mellor conformados, deixando só un abrocho por cepa. Estas actuacións non poderán solicitarse sobre unha mesma superficie.

Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas
A superficie mínima para solicitar a axuda será de 1 hectárea de superficie afectada polo temporal en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
Admitirase máis dun couto redondo sempre e cando cada un deles supere a superficie mínima. Non se fixa superficie máxima.

O IVE non é subvencionable.

A repoboación con especies do xénero Eucalyptus, ademais de estar condicionada á restauración de masas de eucalipto, só poderá realizarse en altitudes inferiores aos 300 metros sobre o nivel do mar.


Direccións web relacionadas:



Búsqueda de noticias
Búsqueda no arquivo de noticias:






Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es