Asociación Forestal de Galicia          

 

 

O MONTE.
Revista da Asociación Forestal de Galicia.

Ano XXIII 53  3º Trimestre 2010

EN PORTADA

 
Galicia inicia a produción de electricidade a partir de biomasa forestal
As desmestas e os rareos nas plantacións forestais
Sociedades de fomento forestal SOFOR
Perspectivas do mercado da madeira en Galicia

 

revista
 
 

Noticia forestal

A Consellería de Economía e Facenda resolveu o concurso de solicitudes de autorización de centrais de biomasa forestal primaria que fora convocado en novembro de 2008 polo anterior goberno da Xunta.

Dun total de 46 solicitudes de plantas admitidas a trámite, foron aprobados 12 proxectos noutras tantas localidades galegas (Mazaricos, Viveiro, Curtis, Vilalba, Pontevedra, Ponteareas, Verín, A Pobra do Brollón, Ribadavia, Cervantes, Forcarei e A Veiga). As empresas concesionarias son: Enel-Unión Fenosa, Gestamp Biomasa 4, S.L., Renova, Generación de Energías Renovables, Xeración Rural S.L., Grupo Empresarial Ence S.A., Enerxía Galega da Biomasa, S.L., Norvento Biomasa S.L., Cespa, Compañía Española de Servicios Auxiliares S.A., Enerxías Renovables de Galicia S.A.,

Entre os grupos adxudicatarios atópanse 5 grupos empresariais con capital maioritario de orixe galega que acumulan 33 MW, é dicir, o 41% da potencia que se vai instalar.

A partir de agora as empresas concesionarias teñen un prazo de seis meses para presentar os proxectos técnicos definitivos e solicitar permiso para a construción das plantas. No caso de que algunha das empresas decidan finalmente non presentar os seus proxectos daráselle paso ás empresas que quedaron de suplentes no concurso.

A instalación destas plantas supoñerá un impulso para a produción forestal galega contribuíndo á diversificación da comercialización dos produtos forestais.

Inda que o proceso por percorrer ata a instalación e posta en marcha das centrais é longo, xa se avanzou un bo paso.


A AFG e o Concello de Vilalba asinan un convenio de colaboración en materia de biomasa
No transcurso da XXIV Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia asinouse un convenio de colaboración entre o Concello de Vilalba e máis a AFG para desenvolver o uso enerxético da biomasa forestal que producen os montes de Vilalba. O Concello de Vilalba ten un gran interese en desenvolver o sector da biomasa e está impulsando varias iniciativas de plantas térmicas en distintas instalacións do Concello.

De maneira especial, esta colaboración terá como fin prioritario o desenvolvemento de tarefas de asesoría, de organización de actividades formativas e de divulgación, de fomento da organización dos produtores, de avaliación e seguimento do recurso e de promoción de iniciativas para a utilización de biomasa forestal e para instalacións de plantas e centros de consumo de biomasa, así como de actividades de optimización da produción dos recursos dos montes.

O primeiro froito desta colaboración é a instalación dunha caldeira de biomasa no Centro ocupacional de Vilalba-Terra Chá dedicado á atención de persoas con diferentes graos de discapacidade.
 
 
Congreso Internacional ForestSAT 2010
Datas: 7 de setembro de 2010 ao 10 de setembro de 2010
Xornadas Internacionais "Investigación e xestión para a protección do solo e restauración dos ecosistemas afectados por incendios forestais. FUEGORED"
Datas: 6 de outubro de 2010 ao 8 de outubro de 2010
III Simposio nacional sobre incendios forestais
Datas: 21 de outubro de 2010 ao 22 de outubro de 2010
Agenda AFG
 






Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es