Asociación Forestal de Galicia          

 

Formación, congresos e seminarios

 

Desde a súa creación no ano 1986, a AFG dedica boa parte da súa actividade a tarefas de formación dirixidas a propietarios forestais e a membros de comunidades de montes. Temas como a silvicultura dos piñeiros e das frondosas, a fiscalidade forestal, a certificación forestal, ou as pragas e doenzas foron obxecto de máis de 200 cursos monográficos impartidos en toda a xeografía galega.

A organización de congresos e foros forestais é outra das tarefas nas que a Asociación pon unha especial atención, entre outros pódense destacar os seguintes:

  • Xornadas europeas Estratexias para a protección e mellora dos recursos forestais. Pazo de Mariñán, 4, 5 e 6 de maio de 1989.
  • Curso Internacional de Economía Política Forestal. Santiago de Compostela, do 15 ó 19 de outubro de 1990.
  • Seminario Internacional de Forestación de Terras Agrarias. Ourense e Bragança, 13, 14 e 15 de outubro de 1994.
  • I Congreso Galego de Montes Veciñais. Mondariz-Balneario 14, 15 e 16 de decembro de 1995.
  • Xornadas de debate sobre o Réxime Fiscal das Comunidades de Montes Veciñais. Mondoñedo, Silleda e Ponteareas, abril de 2002.
  • Seminario de Financiación da Silvicultura. Castelo de Soutomaior, 12 de setembro de 2002.
  • Xornadas Internacionais Montes e Enerxías Renovables, nas que se debateu o papel dos propietarios forestais no desenvolvemento das enerxías renovables. Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro de 2002.
  • Xornadas Internacionais sobre Fiscalidade e Financiación de Montes. Vigo, 14 e 15 de abril de 2005.










Informe público


Ferramentas de poda




Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es