Asociación Forestal de Galicia          

 

Datos curriculares

1984

Un equipo de expertos formado por técnicos e propietarios forestais realiza un estudio sobre o asociacionismo forestal en Galicia e en Europa. O mesmo equipo de expertos promove un modelo de agrupación de montes para propietarios forestais.

1985

Propietarios forestais reúnense en varias zonas de Galicia. Visita a organizacións de silvicultores no País Vasco, Aquitania e Escandinavia.

1986

En maio de 1986 constitúese a Asociación Forestal de Galicia na que participan propietarios forestais particulares e comunidades de montes veciñais. O acto celébrase na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela.

1988

O equipo da AFG promove as primeiras agrupacións de propietarios de montes en Galicia como modelo de xestión forestal asociada para superar os problemas de minifundismo.

1989

Créase en Bordeos a Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE). A AFG é membro fundador, xunto coa Confederación de Forestalistas do País Vasco e o Sindicato de Silvicultores de Aquitania.

1990

Un equipo de estudios da AFG elabora un informe técnico para a creación do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais en Galicia, que se constituíu ese mesmo ano.

1991

Inaugúrase en Xinzo-Ponteareas a segunda oficina da AFG, dedicada exclusivamente ás comunidades de montes veciñais.

1992

Un equipo de expertos vencellados á AFG elabora, por encargo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, o Plan Forestal de Galicia. Este plan é aprobado polo Parlamento de Galicia en 1993.

1993

Créase en Madrid a Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE). A AFG é socio fundador e ocupa unha vicepresidencia.

1994

Primeiros estudios sobre a fiscalidade forestal dentro do proxecto Compostela–Bosques.

1996

A AFG participa na elaboración da Estratexia Forestal Española.

1998

Constitúese en Bruxelas o Comité Consultivo Forestal da Unión Europea. A AFG é, a través da COSE, membro do comité.

1999

COSE promove a constitución da Asociación para a Certificación Forestal Española, integrada no Sistema PEFC de Certificación Forestal. A AFG participa como socio fundador.

2000

Apróbase un réxime fiscal específico do IRPF para as vendas de madeira dos propietarios forestais de acordo coa proposta de reforma fiscal defendida por AFG-COSE e aceptada polo Ministerio de Economía e Facenda.

2002

A AFG crea a empresa de servicios forestais SELGA, COMPAÑÍA GALEGA DE SILVICULTORES, SL, dentro do marco do Proxecto Eurosilvasur, dirixida a prestarlle servicios ós socios da AFG. O equipo de estudios da AFG en colaboración con COSE participa activamente na elaboración do proxecto da nova Lei de Montes.

2003

A AFG participa na constitución da Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal co obxectivo de desenvolver a certificación da xestión forestal sostible en Galicia.

2004

A AFG participa na constitución do Ente Solicitante de Certificación Forestal PEFC de Galicia.



























Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es