Asociación Forestal de Galicia          

 

Convenios de colaboración

Desde o ano 1988 a AFG ten subscrito un convenio marco de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Anualmente subscríbense convenios específicos de colaboración mediante os que se desenvolven actividades formativas, se elaboran publicacións técnicas ou se realizan proxectos forestais en diversas comarcas.

A Asociación tamén ten subscritos convenios de colaboración coa Consellería de Educación, coa Federación Empresarial de Serradores e Rematantes de Madeira de Galicia e con outras institucións para desenvolver distintas actividades nos ámbitos da formación, da investigación e da divulgación forestal.

A AFG ten acordos asinados con empresas especializadas e con viveiros forestais mediante os que os socios poden disfrutar de vantaxes económicas na contratación de determinados traballos silvícolas e na compra de planta forestal.

 



























Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es