Asociación Forestal de Galicia          

 

Biblioteca

PRESENTACIÓN

Entre os servizos que ofrece a AFG aos seus socios está o da consulta e préstamo de libros, revistas e informes específicos sobre temática forestal. Para facilitar e extender este servizo, procedeuse á catalogación e recensión das obras existentes na AFG desde a súa constitución no ano 1985. Este labor completouse co deseño dun servizo de búsqueda mediante o que os interesados poden coñecer os títulos, autores e contido temático de cada unha das publicacións existentes na biblioteca. Esta información estará permanentemente actualizada.

A biblioteca na web é outro dos servizos dos que disfrutan os socios da AFG. No apartado “Búsqueda” non se atopará o documento na súa totalidade, senon unha reseña do seu contido e a signatura coa que foi clasificado. Con estes datos o usuario pode solicitar a publicación á AFG ben por teléfono, correo electrónico ou achegándose á biblioteca da sede central de Santiago.

Os fondos da biblioteca fórmanse mediante compras, cos traballos propios da AFG, doazóns dos seus socios ou cambios con outras institucións forestais, tanto públicas como privadas. A AFG está aberta a calquera suxerencia por parte dos seus socios sobre a conveniencia de completar o catálogo con obras que sexan do seu interese.

A ordenación e clasificación dos fondos bibliográficos e de publicacións periódicas, así como a súa inclusión na web levouse a cabo grazas ao Convenio de Colaboración asinado entre a AFG e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Así, dispúxose dun experto bibliotecario para que procedese á catalogación e ao valeirado das publicacións existentes seguindo as normas bibliográficas internacionais.

Presentación

FONDOS E CLASIFICACIÓN

Os fondos bibliográficos da AFG foron clasificados nas seguintes categorías:

Libros

Agrúpanse nesta categoría os adquiridos pola AFG mediante compra, doazón ou intercambio científico con outras bibliotecas forestais.

Este fondo está formado por todas aquelas publicacións que están recoñecidas como tales, é decir, con depósito legal e ISBN. Tamén están incorporados a este fondo aqueles estudos que, pola súa relevancia temática, poden ser susceptibles de ser solicitados polos usuarios da biblioteca; é o caso de teses e tesiñas inéditas, tanto de universidades españolas como europeas, ou traballos elaborados por expertos forestais.

Estas publicacións distribúense na biblioteca atendendo a unha división propia en dezaoito materias, que abranguen temas forestais que interesa ao silvicultor así como ciencias afíns. Cada unha destas materias está provista dun símbolo para poder ser identificada na etiqueta de cada publicación. A relación de materias é a seguinte:

MATERIAS SÍMBOLO
Botánica / Ecoloxía / Xenética Forestal /Incendios
BE
Edafoloxía
ED
Explotación Forestal
EF
Fauna Cinexética
FC
Historia Forestal
HF
Investigación / Formación

IF

Lexislación / Fiscalidade Forestal

LF

Madeira e Industria Forestal

MAD

Micoloxía

MIC

Patoloxía Forestal

PEF

Política Forestal

PF

Selvicultura/Repoboacións
SR
Xestión Forestal: Ordenación, Planificación, Dendroloxía, Valoración de Madeira, Estatística Forestal
GF
Viaxes técnicas forestais
 VTF
Agricultura/Gandeiría
 AG
Audiovisual
 AV
Economía/Socioloxía/Laboral
 EC
Obras de Referencia
 OR

Revistas

As publicacións periódicas son un dos fondos máis interesantes entre os existentes na biblioteca da A.F.G. Na actualidade foron censados un total de 187 títulos, de temática estrictamente forestal uns, e outros de ciencias afíns a ela. A súa procedencia é variada, sendo o intercambio científico con outras asociacións e institucións o medio principal polo que se nutre este fondo.

A división deste fondo estableceuse en dez materias cos correspondentes símbolos:

MATERIAS SÍMBOLO
Asociacións de Propietarios Forestais
AF
Botánica/Ecoloxía/Xenética Forestal/Medio Ambiente/Incendios
BE
Enerxías Renovables / Biomasa
ER
Explotación Forestal/ Empresas de servicios forestais/Viveiros
EF
Industria transformadora da madeira/Organizacións industriais/Investigación da madeira
MAD
Investigación / Formación
IF
Revistas forestais/Silvicultura/Repoboación
 FOR
Agricultura / Gandeiría
AG
Economía /Socioloxía / Laboral /Política / Humanidades
EC
Revistas locais
LOC

Informes Técnicos

Trátase de traballos realizados polo equipo técnico da A.F.G. ou por expertos doutras asociacións e institucións forestais que, por mor do intercambio científico ao que anteriomente aludiamos, pasaron a engrosar a nosa biblioteca. A clasificación que seguen é a mesma que o fondo de libros, só será apreciable o cambio na signatura.

Presentación

BÚSQUEDA DUNHA PUBLICACIÓN NOS FONDOS DA BIBLIOTECA DA AFG

O usuario pode realizar a búsqueda dunha publicación da biblioteca da AFG utilizando as seguintes alternativas:

AUTOR: Cubrindo os recadros cos apelidos e o nome, por esta orde, de calquera dosautores da publicación.
TITULO: Escribindo o título do libro no recadro.
EDITOR: Escribindo o nome do editor ou da institución responsable da publicación.
PALABRAS: Escribindo palabras clave relacionadas co tema do que quere obter referencias bibliográficas.

Buscar Libros

Horario

O préstamo de libros, revistas e informes, así como a consulta directa destas obras poderá realizarse na biblioteca existente na sede central da AFG en Santiago de Compostela rúa do Vilar, nº 33, 1º en horario normal de oficina, mañás: 9:00-14:00 e tardes: 16:00-19:00.

Presentación



Informe incendios AFG


























Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es