Asociación Forestal de Galicia          

 

Actividades

 

Ao longo do ano, a AFG organiza numerosas actividades relacionadas coa silvicultura e a xestión de montes; entre elas destacan a realización de viaxes técnicas, a asistencia a feiras forestais, a organización de congresos, simposios e seminarios de carácter forestal. No ámbito da formación, a AFG imparte cursos aos seus socios sobre os principais aspectos da silvicultura e da xestión de montes.

Por outra parte, todos os socios da AFG benefícianse tamén de:

  • A revista O Monte de periodicidade trimestral e gratuíta para os socios, cunha tirada de 2.500 exemplares. Con información actualizada sobre prezos da madeira, axudas e subvencións, técnicas silvícolas, sanidade forestal, normativas...
  • A publicación de libros e manuais sobre silvicultura, fiscalidade forestal e xestión de montes.
  • Biblioteca técnica cun amplo fondo bibliográfico que inclúe os principais libros e revistas do eido forestal.
  • Descontos en viveiros forestais para compra de planta.










Informe público


Ferramentas de poda




Oferta lotes madeira






Variedades castiñeiro


Castiñeiro para madeira


Mellora P. pinaster


Mellora P. radiata
















Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es