Asociación Forestal de Galicia          

 

SELGA S.L.

De acordo coa demanda xeneralizada dos membros da AFG, a finais do ano 2002 a AFG, co apoio do proxecto Eurosilvasur, creou a empresa de servicios selga, compañíagalega de silvicultores, s.l., dedicada á realización de traballos e á prestación de servizos aos socios. A empresa SELGA, propiedade de todos os socios da AFG ten unha dedicación moi especial ao comercio da madeira e ao desenvolvemento de enerxías renovables asociadas ao monte.

A través de SELGA, os membros da AFG poden dispoñer de múltiples servizos para asegurar unha boa xestión do monte.

Unidades de SELGA

Enxeñería forestal e xestión de montes

  • Elaboración de proxectos de ordenación, plans técnicos, proxectos de repoboación, de infraestructuras e de tratamentos silvícolas
  • Realización de repoboacións, execución de tratamentos silvícolas, podas...
  • Planificación e dirección técnica das actuacións nos montes dos socios da AFG mediante contratos de xestión de montes

Enerxías renovables

  • Organización da colleita de biomasa forestal e desenvolvemento de instalacións para a transformación da biomasa en enerxía
  • Asesoramento para o desenvolvemento de parques eólicos de carácter privado
  • Fomento da utilización da enerxía fotovoltaica entre os propietarios forestais

Comercialización de madeira

Un centro de operacións dedicado a conseguir o mellor prezo para o propietario forestal que vende madeira. Ademáis, Selga ofrécelle ós socios da AFG os seguintes servizos dentro desta unidade:

  • Organiza poxas de madeira
  • Facilita información actualizada e no momento sobre os prezos da madeira en Galicia e nos principias mercados europeos
  • Elabora contratos de compra-venda
  • Asesora sobre calquera operación de venda
  • Pode actuar como axente exportador de madeira

Contactos

Enxeñería forestal e xestión de montes

  • Julio Ruiz Cagigal. Tel.: 618 752 215 / 986 660 864
  • Braulio Molina Martínez. Tel.: 659 984 406
  • Enrique García Martínez. Tel.: 618 752 223
  • Beatriz Fernández Filgueira. Tel.: 618 752 219 / 986 660 864

Enerxías renovables

  • Francisco Dans del Valle. Tel.: 981 564 011

Comercialización de madeira

  • Xosé Covelo Míguez. Tel.: 618 752 218 / 986 660 864

Inicio

 




Informe incendios AFG
























Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es